Organizado por R3Visual Produce ten como obxecto estimular o formato da curtametraxe no ámbito da Comunidade Autónoma Galega como expresión básica da creación audiovisual.

O xurado estará composto por profesionais no mundo académico e/ou no sector audiovisual. O presidente desta primeira edición será Ángel de la Cruz (Director, guionista e produtor executivo en diversas producións audiovisuais para cine ou televisión. Reconocido internacionalmente con varios premios Goya polas súas películas).
Faranse públicas as curtas gañadoras na gala de clausura do Venres 15 de xullo ás 11:00 que se celebrá nas Pontes.
Descrición e Bases
Aberto a toda Galicia, podedes enviar as obras audiovisuais con temática aberta (libre creación) e de calquer xénero ou estilo de filmación.
A continuación mencionamos algúns dos puntos máis destacados das bases pero é importante que descargues e consultes as bases completas na seguente ligazón.
Formulario de inscrición
Se tés dúbidas ou queres completar a información escríbenos. Se o tés todo claro, inscríbete e envía a túa curta!
Lembra enviarnos toda a documentación por email co formulario debidamente cuberto.